Presentación da programación cultural de Vilanova para abril e maio

VILANOVA> Sonatas de Primavera en Vilanova de Arousa. Os artistas da vila protagonizan a maioría dos eventos do programa cultural de abril e maio. A Igrexa da Pastoriza, recentemente rehabilitada, acollerá gran parte das representacións.

O concello de Vilanova presentou a programación cultural dos meses de abril e maio. O programa Sonatas de Primavera inclúe un amplo abano de actividades artísticas como concertos, obras de teatro ou representacións cinematográficas. A gran novidade deste ano é que gran parte dos eventos terán lugar na renovada Igrexa da Pastoriza.

Na programación destacan os artistas de Vilanova que serán protagonistas de gran parte dos eventos.

Outras das novidades desta tempada son as sesións vermú ou unha andaina dende Vilanova ata a cruz de Lobeira. Con todo, o máis destacado é o “Terrón Jam Session” para estrear o parque do Terrón.

Os eventos culturais serán gratuítos e están destinados a todos os públicos.