Corenta e oito adegas de Rías Baixas exportan con éxito a EEUU

PONTEVEDRA> EEUU é un mercado prioritario para os caldos de Rías Baixas. Actualmente, 48 adegas da DO están incluídas no plan específico para o país. Responsables da empresa Gregory White deron a coñecer no Consello Regulador os resultados do plan de comunicación 2016-2017.