Alexandre Ríos: novo responsable Galiza Nova Barbanza

    BARBANZA> Alexandre Ríos Batista foi elixido esta fin de semana en Ribeira, no transcurso dunha asemblea de Galiza Nova, coma novo responsable da entidade no Barbanza. Alexandre Ríos, que viña levando a área de mocidade no Consello Local do BNG en Ribeira, substitúe a José Ángel Santos, que deixa o cargo ó verse imposibilitado a dedicarlle o tempo preciso por mor do seu traballo.