Retómanse as obras de construción da rotonda do Vilar

    RIBEIRA> Tras moitos meses de retraso, debido segundo fontes municipais, á necesidade de dar traslado a outro emprazamento de determinados servizos alí existentes e o mal tempo, esta mañá operarios da empresa adxudicataria Eulogio Viñal Obras y Construcciones S.A. deron comezo á construción da rotonda do Vilar, na parroquia de Carreira. Trátase dunha actuación moi agardada, promovida pola Deputación da Coruña, e que ten como principal obxectivo mellorar a seguridade viaria de vehículos e peóns nesa zona, considerada estratéxica, ó confluír catro viais procedentes do centro de Ribeira, de Aguiño, do Vilar e tamén de Frións. As obras contan cun investimento superior ós 105 mil euros.