Educación mellorará a cuberta do colexio Cernadas de Castro

    LOUSAME> A consellería de Educación vai investir uns 40 mil euros na primeira fase das obras de mellora da cuberta do colexio Cernadas de Castro en Lousame. Así se comprometeu o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, durante unha entrevista mantida coa propia alcaldesa, Teresa Villaverde. Segundo explicou a rexedora as obras iniciaranse durante as vacacións do verán. Dende o concello agradeceron o apoio da consellería de Educación para poder levar a cabo esta actuación, xa que a cuberta do centro educativo é moi antiga e atópase moi danada, especialmente a consecuencia dos temporais deste inverno pasado.