Un soldo para un alcalde

RIANXO> Á terceira foi a vencida, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, xa poderá comezar a cobrar, despois de máis de catro meses á fronte da alcaldía.

Iso si, o acordo aprobado no pleno de onte á noite grazas ós votos a favor de PSOE, PP e BNG non contenta de todo a Rianxo en Común, que veu rexeitada a súa proposta para as tres dedicacións parciais para o resto de membros do equipo de goberno.

O rexedor terá unha asignación de 45 mil euros ó ano, distribuídos en 14 pagas.

No pleno acordouse tamén, a proposta de PSOE e PP, que o salario tivese carácter retroactivo, e se lle ingresasen tamén os cartos que deixou de percibir todos estes meses no Concello.

A proposta aprobada pola oposición non gustou ó executivo, que os acusa de ter unha estratexia clara, que non é outra que a de querer obstruír a súa labor de goberno.