O PSOE noiés alerta do peche da Oficina da Seguridade Social

    NOIA> As agrupacións do PSdeG-PSOE de Noia, Lousame e Porto do Son veñen de artellar unha campaña de defensa dos servizos públicos na comarca de Noia. Con ese obxectivo e como primeira actuación van centrar as súas accións na defensa da oficina comarcal da Seguridade Social existente en Noia que está incluida dentro da lista das oficinas que o Goberno Central contempla pechar durante o primeiro trimestre deste ano. Os socialistas alertan dos custes que esta decisión poderíam conlevar para os veciños desta comarca polo que consideran imprescindible mobilizarse e defender os servizos públicos. Por esta razón fan un chamamento a participar o vindeiro xoves, ás 12 da mañá, diante da propia oficina, nunha concentración simbólica en defensa do mantemento do dito servizo. Tamén animan ó resto de forzas políticas e sociais de Noia e da comarca para que se sumen a esta protesta e así evitar o posible desmantelamento desta oficina.