Boiro acollerá o II Campus de Baloncesto do Obradoiro

BOIRO> A actividade, que se desenvolverá do 30 de xuño ó 5 de xullo, irá dirixida a rapaces de entre 5 e 18 anos, e contará coa asistencia do equipo técnico e varios xogadores do primeiro equipo. O éxito acadado na primeira edición foi razón máis que suficiente para volver a repetir experiencia. O Obradoiro volverá a realizar en Boiro o seu campus de verán, dirixido a practicamente tódalas categorías, dende prebenxamíns a juniors, desenvolvéndose do 30 de xuño ó 5 de xullo, ámbalas datas incluídas. Dende o concello agradeceron unha vez máis a confianza depositada polo club santiagués para poder acoller unha actividade desta importancia. Dende o Obradoiro destacaron tamén a importancia deste Campus, que nace coa idea de crear canteira para o club nesta comarca, fomentando nas idades máis novas a práctica do baloncesto. Para máis información ou inscricións os interesados poden poden consultar a páxina web www.obradoirocab.com ou no teléfono 690618972, así como tamén nas propias oficinas de Deportes boirense. Haberá varias tarifas que van dende os 150 ós 250 euros, dependendo da elección externa ou en media pensión. Aqueles concellos ou clubs locais que dispoñan de convenio co Obradoiro disfrutarán tamén dun desconto.