Un vilanovés resulta ferido nun rexistro policial na súa casa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/tiroteo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/tiroteo_vilaxoan.mp4{/flowplayer}

VILAGARCIA> Un veciño de Vilanova resultou ferido por impacto de bala na perna. Os feitos ocorreron esta mañá, na vivenda que tiña alugada en Vilaxoán, cando a Policía Nacional intentaban detelo baixo unha acusación de tráfico de drogas. Un veciño de Vilanova de 45 anos resultou ferido por un disparo esta mañá no transcurso dunha inspección policial na súa vivenda. Os feitos aconteceron en torno ás 10.30 cando unha unidade da Policía Nacional acudía ó domicilio do coñecido como “o Nani” neste lugar de Canelas da Rosaleda, na parroquia vilagarciá de Vilaxoán; ca intención de detelo por tráfico de drogas. Ó parecer, produciuse un forcexo entre os axentes e o agora detido, na que os axentes da orde tiveron que empregar a súa arma regulamentaria. Efectuaron dous disparos dos cales alomenos un alcanzaría ó Nani na perna namentres intentaba fuxir pola parte traseira do edificio. Asegura a Policía que neste momento tirou ó chan uns 125 gramos de heroína. Unha vez alcanzado polo disparo, o vilanovés caeu neste descampado ó que accederon os axentes cando que a Policía Local retirou este valado provisional de peche. O detido foi trasladado ó Hospital de Montecelo para ser atendido do impacto nunha perna. Nesta lea tamén resultou ferido nunha man un dos axentes posto que se di que o detido portaba un coitelo como arma de defensa. No rexistro a Policía Nacional levouse o coitelo e tamén unha báscula. Os veciños deste lugar foron sorprendidos polos feitos. Sabían ó que se dedicaba ó Nani posto que xa chegaban as faladurías desde Vilanova. Con todo, defenden a actitude do rapaz que levaba preto dun ano residindo neste lugar sen dar problema algún. Ratifican os veciños da Rosaleda que este sempre foi un lugar tranquilo e alleo ós problemas e que esta é a primeira vez que viven de preto un episodio semellante.