Porto de Cambados acelera a evisceración de vieira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/VIEIRA_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/18/vieira_mercado.mp4{/flowplayer} CAMBADOS> A vieira de Cambados comeza nestes días a chegar ós mercados, supermercados e grandes áreas. Trala apertura da campaña extractiva o luns, a empresa Porto de Cambados traballa a reo para abastecer toda canta demanda tiñan deste producto da Ría de Arousa de calidade. Trala apertura da campaña da vieira na Ría de Arousa estes dous últimos días as pouco máis de trinta embarcacións collen mellor os topes que na xornada inaugural. Cada día extraen preto duns 3.000 quilos deste bivalvo que son eviscerados integramente pola empresa Porto de Cambados, participada polo pósito local. Nestes primeiros días Portos de Cambados está a traballar a reo para satisfacer a alta demanda existente deste producto galego de calidade. E é que eran moitas as encargas que estaban á espera da vieira arousá. Esta vieira chega ós mercados a catro euros a unidade, un prezo moito máis alto que a foránea. Porén, este custe non é un obstáculo para a súa venda posto que cada exercicio se vende toda a producción posto que os consumidores agradecen o seu sabor e recoñecen ca súa compra o coidado proceso de eviscerado e envasado case totalmente artesanal. Nesta planta de mariscos Veiro depúrase a vieira 24 horas e logo retíraselle o epatopáncreas, o que ven sendo a evisceración. A partir de aí, clasifícase por tamaños e, unha vez etiqueta, destínase á venda en fresco nestes días ou conxélase para abastecer ó mercado ó longo de todo o ano.