O Son propón unha ruta de tapas para esta fin de semana

    PORTO DO SON> O concello de Porto do Son acolle a segunda edición da súa ruta de tapas ‘Son para comelo’. Seis establecementos hostaleiros competirán polo favor do público e do xurado con suculentas especialidades que poderán ser degustadas polos clientes, totalmente de balde. Tan sinxelo como acudir a calquera dos seis establecementos participantes e pedir unha consumición para probar calquera das doce tapas elaboradas especialmente para o concurso ‘Son para comelo’. Bocados tan suxerentes como a tosta celta, as fabas de coresma ou a miniburguer gastro compoñen a lista de tapas que se ofertarán entre o venres e o domingo nos bares Axexo, Eugenio, A Cantina da Lúa, O praza, o Gastrobar Cabeiro e o restaurante O Risón. Os clientes poderán votar a mellor tapa, debendo probar un mínimo de seis das doce a concurso. Os participantes entrarán no sorteo de seis premios de cincuenta euros a consumir en calquera dos establecementos. Ademais do premio do público haberá un xurado profesional encargado de elixir a mellor tapa. O concurso desenvolverase dende o venres pola noite en horario de sete a dez e rematará o domingo a mediodía, entre as doce e media e as tres da tarde. O nome dos premiados darase a coñecer dúas semanas despois tralo reconto dos votos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/concursodetapasportodoson080414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/concursodetapasportodoson080414.mp4{/flowplayer}