Protección Civil de Ribeira coordinou un simulacro no CEIP de Olveira

    RIBEIRA> Protección Civil de Riveira desenvolveu hoxe un simulacro de incendio no CEIP de Olveira que se produciu conforme á planificación prevista. O obxectivo desta iniciativa residiu en poñer en práctica o plan de autoprotección do centro, adestrar ó persoal docente e persoal exterior con implicación neste tipo de sinistros, comprobar a capacidade de resposta dos medios que interveñen e observar os erros que se cometan para posteriormente emendalos e incluílos no plan de autoprotección. O simulacro partiu dunha suposta alarma de incendio nunha estancia baldeira do inmoble. O exercicio constou da evacuación total e correcta do centro, o control dos usuarios e persoal desaloxado no exterior, e a valoración dos tempos de evacuación e de resposta de medios externos. Ademais do propio corpo docente e alumnado do CEIP de Olveira, participaron no dispositivo Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil, Bombeiros e unha ambulancia de Ambunova.