Costas adxudica a rexeneración da contorna da praia de Testal en Noia

NOIA> A Demarcación de Costas vén de comunicar ó concello de Noia a adxudicación das obras de rexeneración medioabiental na contorna de Testal. Trátase dun investimento próximo ós catrocentos mil euros que permitirá mellorar os accesos ó areal.

A obra que vai acometer a demarcación de costas contempla a construción dunha senda peonil para favorecer o acceso á praia así como a reordenación dos espazos destinados ó estacionamento.

Este investimento súmase ás melloras previstas na contorna do areal con cargo ó POS da Deputación así como as recentemente acometidas no porto de Testal coa pavimentación da superficie portuaria.