A Pobra contará cun parque infantil cuberto no Camiño Ancho

A POBRA> O concello da Pobra vén de sacar a licitación o proxecto tras recibir a subvención da Dirección Xeral da Administración Local para equipamentos municipais que financiará preto da metade do orzamento.

Os veciños do Camiño Ancho, e de toda a Pobra, contarán este inverno cun parque infantil cuberto. A instalación dará resposta a unha necesidade altamente demandada polos residentes na zona. Estará situado ó carón da antiga escola infantil e dividirase nunha parte cuberta con outra ó aire libre.

O concello xa incluíra esta actuación no proxecto do centro social do Camiño Ancho. Sen embargo, grazas á subvención da Dirección Xeral da administración local poderá executala nos próximos meses de xeito independente.

A intención do executivo é dar continuidade a esta actuación coa execución do centro sociocultural poñendo en valor esta zona como área recreativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí