Dez vistosas procesións atraerán ata a Pobra a miles de devotos

    POBRA> A Pobra volverá consolidarse esta Semana Santa como un dos municipios con maior número de imaxes e pasos procesionais. O sábado de paixón, a igrexa do Caramiñal acollerá o pregón da semana santa a cargo do párroco Don Manuel que realizará un percorrido pola historia das procesións na vila. O domingo tocaralle á quenda á bendición de Ramos con senllas procesións: a da Borriquiña na parroquia do Deán e a de Ramos no Caramiñal. O mércores santo a paritr das dez e media terá lugar o vía crucis con saída dende a capela do cemiterio do Caramiñal. Esta procesión dará paso ós días grandes da semana santa nos que as dúas parroquias celebrarán numerosos actos. O xoves santo sairán a procesión do Horto das Oliveiras e o Bico de Xudas mentres que o venres terán lugar o Encontro, o Santo Enterro e os caladiños. O sábado santo coa procesión da soidade e a vixilia pascual e o domingo de resurrección porán o broche ó intenso programa da semana santa pobrense. Dende o concello animan ós veciños e visitantes a achegarse a contemplara s procesións que nalgúns casos destacan pola súa orixinalidade xa que ademais dos pasos saen personaxes caracterizados. O edil de festexos destacou ademais a oferta lúdica, gastronómica e de natureza que ofrece a vila nestes días festivos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/presentacionsemanasantapobra080414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/presentacionsemanasantapobra080414.mp4{/flowplayer}