O PSOE aspira acadar seis alcaldesas na provincia de Pontevedra

    psoepontevedra_100_020207.jpgPONTEVEDRA > O PSOE presentará unha ducia de mulleres como cabezas de cartel para os vindeiros comicios, …

    … das cales espera que seis gañen as eleccións dos 27 de maio nos seus concellos.

    O PSOE aspira a pasar tralas próximas eleccións municipais de dúas a seis alcaldesas na provincia de Pontevedra. Así o asegurou onte o secretario provincial do partido, Modesto Pose, nun acto en favor da equiparación de sexos nas candidaturas. Pose prognosticou que Teresa Casal relevará a Fernández Lores en Pontevedra, pero non especificou os outros concellos nos que habería alcaldesa socialista.

    psoepontevedra_200_020207.jpgO PSOE presentará entre 11 e 12 mulleres como candidatas a alcaldesas e, salvo en algún concello con condiciones peculiares, prevé que unha muller ocupe o número dous cando un home encabece a lista. As mulleres, que representan o 30 por cento da afiliación ó PSOE na provincia, desempeñan agora 57 dos 197 postos de concelleiro nos 62 concellos, pero só ocupan un 12 por cento dos cargos orgánicos.

    No acto non deixaron escapar algunha alusión á presentación á americana do candidato popular, Telmo Martín. Ó inicio da intervención, a súa opoñente socialista Teresa Casal desculpábase así da mala audición das súas palabras: ‘a min no me chegaron eses medios como ó candidato popular, non teño ese inalámbrico que levaba que parecía Madonna’. ‘Regalarémosche un’, engadiu Modesto Pose.

    Redacción Salnés