Pontevedra foxe dos localismos no debate sobre a reforma do mapa xudicial

PONTEVEDRA> Pontevedra oponse ao anteproxecto do Ministro de Xustiza para reformar o mapa xudicial. Alcalde e tenente de alcalde aseguraron que a medida afastará a xustiza da cidadanía e continuará recortando servizos. Ademais, pediron presentar unha fronte común e fuxir dun debate localista, en referencia ás declaracións feitas polo rexedor de Vigo.

 

Nin Lores nin Louro ven con bos ollos a proposta de Gallardón para reformar o mapa xudicial.

Pero o debate do proxecto xa adquiriu tons localistas. O rexedor de Vigo, Abel Caballero anunciou que promoverá unha campaña institucional para que a cidade olívica sexa a cabeceira da planta xudicial, en lugar de Pontevedra.

Louro, compañeiro de partido de Caballero, tamén pide fuxir dos localismos. E é que para o tenente de alcalde, co anteproxecto Gallardón crea unha cortiña de fume para fuxir dos problemas reais.

Para o socialista, a defensa dunha localidade debe pasar polo acordo coas demais.

O socialista recordou que a reforma proposta non gusta a xuíces, empresarios, Xunta, concellos nin cidadáns, algo que a fai inviable. Pola súa banda, Lores insistiu en que aínda ten que pasar polo Congreso, momento no que manifestarán a súa oposición formal.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/partidos_xudiciais_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/08/partidos_xudiciais_ponte.mp4{/flowplayer}