Unha Noiteboa atípica na que non pode faltar o marisco

PONTEVEDRA> Este ano, a Noiteboa celebrarase dun xeito diferente. Galicia estará cerrada perimetralmente e as reunións familiares quedarán limitadas a 6 persoas. Aínda así, hai unha cousa que non faltará nos fogares galegos: o marisco. Por iso, quixemos achegarnos ata ao Mercado de Abastos de Pontevedra para saber cal está sendo o produto estrela.

A menos dunha semana para celebrar a Noiteboa, os pontevedreses comezan a preparar xa os seus menús. Aínda que este ano a celebración será moi distinta ao que estamos acostumados, hai unha cousa que non pode faltar nos fogares galegos.

O marisco nunca falla nestas datas e, aínda que este 2020 foi moi complicado para todos, non hai pontevedrés que non se queira facerse cun bo centolo ou uns lagostinos.

As reunións familiares reduciranse este ano a 6 persoas e esta medida ten importantes consecuencias á hora de mercar. Porque moitos aproveitan que este ano serán menos persoas na mesa para comprar un produto máis caro.

E como sempre acontece nestas datas, sube o prezo do marisco. Ademais, nesta ocasión o mal tempo complica a situación aínda máis.

Aínda que os prezos aumenten un pouco de cara á Noiteboa, e aínda que estas festas se celebren este ano dun xeito diferente, o que está claro é que os pontevedreses non renuncian a produtos coma este para despedir o 2020 e dar a benvida ao tan agardado 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí