Investigan as causas da explosión dunha lancha que deixou feridos a catro tripulantes

SANXENXO> A policía xudicial investiga as causas da explosión dunha embarcación de recreo onte en Sanxenxo. Dos cinco tripulantes, catro resultaron feridos. Un xa onte foi trasladado en helicóptero ao Complexo Hospitalario de A Coruña debido á gravidade das súas queimaduras. Os demais foron desprazados en ambulancia, un a Povisa e os outros dous a Montecelo. Porén, a última hora da tarde de onte os feridos ingresados no hospital da capital foron derivados finalmente a Coruña e ao centro vigués.

 

A explosión rexistrouse pouco despois das 5 e media da tarde de onte. A embarcación, na que viaxaban cinco mozos de entre 22 e 32 anos, paraba a repostar na gasolineira do Porto deportivo de Sanxenxo. Minutos despois de arrancar, comezaba a arder.

Os feridos recibiron alí as primeiras atencións. A gravidade das queimaduras dun deles obrigou ao seu traslado en helicóptero ao Complexo Hospitalario de A Coruña. Os demais foron desprazados en ambulancia, un a Povisa e os outros dous a Montecelo. Porén, os feridos que se atopaban no hospital da capital foron derivados finalmente a Coruña e ao centro vigués a última hora da tarde. O quinto tripulante, patrón da embarcación, resultou ileso.

O suceso provocou un importante despregue na zona.

Dende Emerxencias de Sanxenxo celebran a rapidez coa que se atallou o lume. Tamén que fora nunha hora na que se rexistra pouco tránsito.

A explosión produciuse na zona do motor por causas que se descoñecen, aínda que podería deberse a unha acumulación de gases. Hoxe a Policía Xudicial da Garda Civil inspeccionou tanto a embarcación como a zona na que se produciu o incendio para argallar cales foron os motivos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/20/lancha_porto_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/20/lancha_porto_sanxenxo.mp4{/flowplayer}