Durán comprométese a mediar ante a Xunta no conflito da residencia Valle-Inclán

    VILANOVA> Os extraballadores da residencia Valle-Inclán tomaron durante máis de dúas horas o concello de Vilanova. Acompañadas pola CIG, pediron o apoio do alcalde da vila para conseguir unha xuntanza coa conselleira de Traballo e Benestar. Gonzalo Durán, pola súa banda, comprometeuse a mediar para conseguir a cita.

     

    Durante máis de dúas horas, extraballadores da residencia Valle-Inclán trasladaron as súas reivindicacións ao concello de Vilanova. Encerrados nun despacho co alcalde, pediron a súa mediación para conseguir unha xuntanza coa conselleira de Traballo.

    A pasada semana o alcalde acusara aos sindicados de ser culpable, xunto coa empresa, dos despedimentos dos traballadores. Hoxe, ambas partes conseguiron achegar posturas. E é que coinciden no seu desexo de que Vilanova non perda postos de traballo.

    Aínda que extraballadores e sindicatos estaban dispostos a iniciar un encerro no concello, finalmente optaron por dar un prazo de 24 horas para que o alcalde leve adiante as xestións. 

    De non fixarse este encontro con Beatriz Mato, os sindicatos continuarán coas mobilizacións para evitar a desaparición da residencia Valle-Inclán e a destrución de máis postos de traballo. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/09/peche_residencia_vilanova_concello.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/09/peche_residencia_vilanova_concello.mp4{/flowplayer}