
VILANOVA>
O mar, forza da natureza que garda tantos segredos como os que ensina a aqueles que queren escoitar. Persoas como os case 500 rapaces que ao longo do verán gozan de doce días de conexión coa vida mariña no Campamento Xuvenil As Sinas, un dos dezasete que forman parte da acción de verán da Xunta de Galicia dentro da comunidade.
E todo nunha paraxe ideal para aprender do medio no que se encontran.
Os menores crean rutinas de traballo, desta forma esíxense máis a si mesmos e maduran convivindo con outros nenos. Esta convivencia é completa a súa formación e de dar un paso cara a idade adulta.
Despois de realizar este tipo de labores os rapaces responsabilízanse de recoller e limpar o material empregado e gardalo da forma axeitada para a próxima quenda de compañeiros que as necesiten.
Sexan noveis ou expertos todos gozan na compaña doutros rapaces duns días diferentes nos que aprenden xogando.
Esta será para eles unha experiencia inesquecible coa que crecerán en valores como a amizade, o compañerismo, a reciclaxe, a diversión sa e o deporte.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/PIRAGUISMOSINAS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/14/Reportaxe Xunta. Campamento As Sinas.mp4{/flowplayer}










