A Confraría dos Viños de Rías Baixas recoñece os seus novos confrades

    VILAGARCÍA> A Orde do Lagariño ampliou esta fin de semana a súa listaxe de cofrades. En Vilagarcía a confraría celebrou o seu acto de irmanamento e nomeamento das novas persoas distinguidas con este título, en recoñecemento polo seu traballo a prol dos viños de Rías Baixas.

    Doce anos leva a Confraría dos Viños Rías Baixas recoñecendo aos seus máximos representantes e defensores. Este ano non podería ser unha excepción, e dende Vilagarcía, catro novos cofrades xuraron custodiar os viños de Rías Baixas.

    O secretario da Cooperativa Vitivinícola Arousana, Leoncio Barreiro, o xerente de Bodegas Escudeiro, Vicente Ramón Serantes e o técnico de campo Diego García, tamén xuraron o seu novo cargo.

    Como tamén é tradición, a Orde do Lagariño irmanouse cunha nova confraría. Desta volta foi a Confraría dos Viños da Rioxa a escollida, para unir deste xeito os froitos das súas vides.

    O seu presidente tamén foi nomeado confrade de honra. Un título que dende o acto tamén ostentan Antonio Sanz, presidente da Confraría dos Viños da Ribeira do Douro, Francisco Casani, da confraría do Olivo de Baena e Luis Dacunha, confraría da Feixoca de Portugal.

    A todos agradeceu o mestre supremo da Confraría dos Viños de Rías Baixas a súa asistencia. Suso Paz destacou a responsabilidade que conleva o nomeamento.

    Antes do acto, os participantes e representantes das diferentes confrarías foron recibidos no concello de Vilagarcía, para despois desfilar ata o Salón García

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/22/orden_lagarino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/22/orde_lagarino.mp4{/flowplayer}