BOIRO> Esta mañá presentábase no Concello a proba do Circuito Provincial de Piragüismo da Deputación da Coruña.
A proba, que está organizada polo Club Piragüismo Rías Baixas, terá lugar o vindeiro martes 17 de maio, coincidindo coa celebración festiva do Día das letras Galegas.
Disputarase na praia de Barraña e nela tomarán parte ó redor duns 400 regatistas chegados dende diferentes clubs de toda a provincia pertencentes ás categorías benxamín a cadete, en canoa e pirauga, nas especialidades K2 e C2.
O Concello colabora tamén na organización desta proba. A edil de Deportes, Dores Torrado, valorou de xeito moi positivo o feito de poder acoller en Boiro este tipo de competicións e, aproveitou a presentación para destacar tamén a traxectoria deportiva do Club nestes anos.
A de Boiro é a segunda das citas do Circuíto Provincial, e chega despois da proba disputada o pasado mes de abril en Narón. O inicio da mesma está prevista para as catro da tarde.