Cándido Pazó inaugura o festival de contadores de historias en Boiro

    festivalcontacontos_100_091006.jpgBOIRO > A Casa da Cultura de Boiro acolleu a primeira das actuacións incluídas no Primeiro Festival de Contadores de Historias.

    Co obxectivo de recupera-la tradición oral popular coa palabra como vehículo de comunicación imprescindible nace este ciclo organizado polo concello de Boiro.

    Durante os catro sábados e outubro, todos aqueles que o desexen poderán achegarse ata a casa da Cultura Ramón Martínez López para escoitar vellas historias que foron pasando de boca en boca ata o día de hoxe.

    A primeira das sesións correu a cargo do recoñecido contacontos galego Cándido Pazó quen deleitou ós presentes cunha serie de vellas historias, desas que el chama tabernarias, cargadas de anécdotas ficticias creando un universo máxico entre a realidade e a ficción.festivalcontacontos_200_091006.jpg

    O público desfrutou, ademais das súas historias, da súa presenza escénica intuitivamente marcada polo oficio teatral combinando o estilo xograresco coa lenguaxe coloquial e mesmo culta, nun equilibrio perfecto.

    Nos vindeiros sábados do mes, os contos seguirán a enche-lo auditorio da casa da cultura boiresa a cargo de recoñecidas figuras como o caboverdiano, Ángelo Torres, Xosé Luís Gutiérrez de Zamora e o segoviano Ignacio Sanz.

    Redacción Barbanza