O PSOE denuncia un novo vertido na zona dos Muíños en Ponte Goiáns

    BOIRO> Segundo os socialistas trátase dunha práctica bastante habitual nesta zona que está a causar malestar entre os veciños que residen no lugar. O portavoz do PSOE de Boiro, Jorge Campaña, achegouse ata a zona dos Muíños en Ponte Goiáns para denunciar un novo vertido de augas residuais ó río Coroño. Segundo el trátase dunha práctica bastante frecuente, que vén provocado polo mal funcionamento dun pozo de bombeo. Ademais dos cheiros que se rexistran en toda a zona, os socialistas quéixanse de que o vertido representa un importante problema medioambiental. Dende as filas socialistas criticase ademais a pasividade do equipo de goberno, pois a pesar de ter coñecemento do problema dende hai tempo non fai nada por remedialo, preocupado máis en manter os seus soldos que en dar resposta ás necesidades dos veciños. No momento da denuncia dos socialistas, operarios da empresa que xetiona a rede desaneaemnto municipal atopábanse xa traballando na busca dunha solución a este problema.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí