RIBEIRA> Baño de multitudes o que viviron onte pola noite os populares en Ribeira. O salón de actos da Casa do Mar quedouse pequeno para o acto de presentación da candidatura de Manuel Ruíz, o actual alcalde, que por cuarta vez consecutiva opta a reelección.
Entre as autoridades convidadas, varios conselleiros da Xunta, os responsables de Política Social, Fabiola García, que pechará novamente a lista do PP ribeirense, e Mar, Rosa Quintana, así como tamén o Vicepresidente e líder dos populares na Coruña, Diego Calvo.
Na súa intervención este último destacou a valía do candidato, para o que pediu apoio e conseguir a tan ansiada maioría absoluta.
Na súa quenda, Manuel Ruíz, fixo un pequeno repaso das actuacións realizadas nestes últimos anos, a pesar da crise e a pandemia vividas, poñendo precisamente fincapé na boa xestión realizada.
Aínda así incidiu que lle quedan moias cousas por facer para dar forma á nova Ribeira
Aproveitouse tamén o acto para dar a coñecer as persoas que integran a lista coa que os populares concorrerán ós comicios de maio, cunha importante renovación nos primeiros postos con respecto á de 2019.