Noia prepárase para a feira cabalar de San Marcos

    NOIA> Será un dos pratos fortes das festas de San Marcos que arrancarán este próximo venres. O salón de plenos do concello noiés foi o lugar escollido para o acto de presentación da Feria Cabalar de San Marcos, que terá lugar este próximo venres 25 de abril. Como sinalou o edil de Cultura, Javier Rodríguez, o concello vén realizando nos últimos anos unha aposta importante por esta festa, tratando de recuperala debido á súa gran tradición. Nos últimos tres anos a organización da feira corre a cargo da Asociación Pura Raza Cabalo Galego que quixo agradecer o interese do concello noiés na recuperación, fomento e promoción do cabalo de pura raza galega. Xacobe Pérez, que ademais exercerá de Director Técnico dos Concursos, foi o encargado de debullar tamén unha a unha tódolas actividades que compoñen o amplo programa previsto para ese día, destacando os concursos morfolóxicos da “XVI Copa Galicia de cabalos de pura raza galega . A estas actividades, que terán lugar no campo de San Lázaro, sumaránselle outras, como é o caso da escola infantil de monta en ponis, os concursos morfolóxicos de cabalos de pura raza árabe e a proba puntuable para el “XVII Campionato Galego de Andadura Galega Federada” organizado pola Federación Hípica Galega. Pola tarde, tamén está prevista unha exhibición de doma a cargo da sección de doma de alta escola de Galicia e o espectáculo “Galicia un soño a cabalo”, no que tomará parte “El Zorro”, unha interesante coreografía a cabalo baseada na lenda do famoso personaxe de cómic.