Rianxo acolle este sábado o X Torneo Interncional de Xadrez da vila

RIANXO> A vila rianxeira converterase esta fin de semana na capital galega do xadrez. Mañá sábado, celébrase o Décimo Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo. O Pavillón Munical acollerá a cita, a que poderán acudir un máximo de trescentos participantes. Un torneo que se está a converter nunha cita de referencia a nivel galego, algo que se demostra ca presenza este ano de seis grandes mestres, cinco mestres FIDE e catro mestres internacionais. O torneo disputarase dende as dez da mañá e alargarase ata as sete e media da tarde, aproximadamente. Unha cita que organiza o Club Xadrez Rianxo e a Federación Galega de Xadrez, na que se repartirán un total de dous mil euros en premios nas tres competicións que se realizarán: Torneo Absoluto, Torneo Circuíto Galego de Promoción e Torneo Afeccionados. Ata a vila viaxarán xogadores de toda España e países coma Romanía, Servia ou Portugal, facendo do xadrez un deporte fundamental en Rianxo.