Marcha a pé a Santiago contra os recortes

    BARBANZA> Membros da CIG-Barbanza iniciaron esta mañá unha mobilización a pé ata Santiago en contra das políticas de recortes impulsadas polos gobernos do Partido Popular. Ó redor dunhas vinte persoas están a tomar parte nesta marcha por etapas, que partiu esta mañá dende Ribeira, e que foi convocada a nivel xeral pola CIG na nosa comunidade en defensa do emprego. Nesta primeira etapa os manifestantes tiñan previsto chegar a Rianxo, para realizar mañá venres o traxecto que une a vila de Castelao co Milladoiro. Xa na xornada do sábado a marcha chegará a Compostela, sumándose a outras que se desenvolven por todo o país, e que confluirá na Alameda nunha manifestación a nivel nacional en contra das políticas do PP, totalmente erradas que contribúen a un maior desemprego e á precariedade laboral como sinalou o propio responsable comarcal da CIG en Santiago, Anxo Noceda. Ó longo desta semana o sindicato nacionalista estivo realizando tamén repartos na rúa, nos centros de traballo e nas oficinas do Inem, para informar das propostas e mobilizacións e dar a coñecer a iniciativa da central sindical, poñendo no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para afrontalo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/mobilizacioncig1171013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/17/mobilizacioncig171013.mp4{/flowplayer}