Os máis mozos son os principais usuarios dos Test rápidos de detección covid das farmacias

VILAGARCIA> Numerosos mozos acudiron ás farmacias do Salnés para poder obter o certificado negativo e acceder á hostalería. A expedición deste documento polas farmacias é válido dende o pasado xoves. As probas fanais o usuario mediante a supervisión das farmacéuticas.

Dende o pasado xoves, as farmacias do Salnés poden expedir os certificados de test de antíxenos negativos. Un documento necesario para acceder á hostalería naquelas vilas que se atopan no nivel alto ou no máximo de restricións sanitarias.

25 farmacias da comarca participan no programa de realización de Test para a detección rápida do coronavirus. Para os establecementos é unha oportunidade de seguir colaborando na loita contra a pandemia.

As probas as realiza o propio usuario pola súa conta. Pode facelo na súa casa ou na propia farmacia. En caso de realizalo no establecemento, as farmacéuticas supervisarán a realización da mostra para garantir que se faga correctamente.

Quince minutos despois de realizar a proba obterase o resultado. Case toda a xente que se está presentando a estes tes son xente moza, especialmente, menores acompañados polos seus pais.

Unha vez verificado que o resultado é negativo, as farmacias expedirán o documento que o certifica, cunha validez de 72 horas. Os positivos serán informados ao Sergas e deberán seguir os protocolos establecidos. Tanto o servizo de saúde

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí