VILAGARCÍA> Cáritas Arousa conmerou hoxe o primeiro aniversario da posta en funcionamento do seu novo comedor social. Este espazo atende a diario 40 persoas, acadando as 60 nas fins de semana. No que vai de ano servíronse alí máis de 11.000 comidas neste espazo social. Dende Cáritas explican que as novas instalacións permítenlle ofrecer un servizo máis digno, persoal e integrada. Neste sentido, destacan que co cambio de local agora poden desenvolver nun mesmo lugar toda a súa actividade, incluíndo os servizos de formación e emprego, atención psicoloxica ou prestacións básicas, como o servizo de hixiene ou lavandería.
Pasou xa un ano dende que Cáritas Arousa trasladou a este local da rúa Rosalía de Castro de Vilagarcía o seu centro de operacións. Un cambio, explicaron hoxe, que permitiu ofrecer aos usuarios unha atención máis digna e personalizada.
O novo espazo permite a Cáritas ofrecer aquí unha atención integral, centralizando aquí outros servizos máis alá do comedor, como o de formación e emprego, atención psicoloxica, duchas, lavandería ou perruquería.
Un dos grandes puntos de actividade diaria destas instalacións é este comedor. No que vai de ano aquí servíronse máis de 11.000 comidas, cunha media de 40 comensais ao día, acadándose nas fins de semana os 60.
Dende Cáritas salientan cambios no perfil das persoas que teñen que botar man destes servizos. Ademais do incremento das persoas estranxeiras, destaca tamén o incremento de mulleres transeúntes, que se sitúa agora no 19%.
O problema da vivenda tamén está centrando boa parte da atención en Cáritas Arousa. O denominador común: as dificultades para acceder a ela ou poder pagar tan só unha habitación.











