Catro anos creando unha gran familia

PONTEVEDRA> A Residencia Soremay de Pontevedra acaba de cumprir o seu cuarto aniversario e para celebralo organizou unha festa para o desfrute de usuarios e familiares. Na residencia Soremay de Pontevedra están estes días de noraboa. Celebran o seu cuarto aniversario, catro anos construíndo unha familia e un entorno confortable para os seus usuarios, na actualidade 47 persoas cunha media de idade de oitenta anos. Deles coidan persoal médico especializado que vela pola súa calidade de vida e profesionais que garanten a súa comodidade e desenvolvemento diario. A pesar de que a meirande parte dos residentes rexistra un alto nivel de dependencia, hai algúns que viven no centro case coma nun hotel. Unha das vantaxes de que as instalacións se sitúen en pleno centro da cidade de Pontevedra. Sesenta por cento de ocupación ó cuarto ano, un nivel de satisfacción elevado de residentes e persoal… desde a dirección do centro non poden realizar un balance destes catro anos máis satisfactorio, sobre todo ó ver que os usuarios e os seus familiares recoñecen esta labor e lles amosan o seu agradecemento. Cativos e música de violín animaron esta tarde festiva ós residentes. Un día diferente para vivir xuntos. Porque ó final, todos son unha gran familia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/22/aniversarioresidenciasoremay.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/22/ANIVERSARIO_RESIDENCIA_PONTEVEDRA.mp4 {/flowplayer}