O Gran Montecelo sairá a licitación este mes por 130 millóns de euros

PONTEVEDRA> O presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Pontevedra reuníronse hoxe en Santiago para abordar, entre outros temas, a variante de Alba e o proxecto do Gran Montecelo. Neste último asunto, Alberto Núñez Feijóo informou a Lores de que estas obras volverán a saír licitadas por 15 millóns de euros máis. É dicir, por un total de 130 millóns.

A Xunta de Galicia sacará a licitación este mesmo mes o proxecto do Gran Montecelo por un importe de 130 millóns de euros, 15 millóns máis do que estaba previsto. Así llo comunicou hoxe Alberto Núñez Feijóo ao alcalde de Pontevedra.

Neste encontro, Feijóo e Lores aproveitaron para analizar todos os proxectos que están aínda sobre a mesa. O  que máis urxe ao Concello, a variante de Alba.

Outro dos asuntos máis relevantes desta reunión foi o transporte metropolitano. Un proxecto que está á espera de que ambas administracións asinen un convenio valorado nuns 130.000 euros.

A residencia da terceira idade, a dragaxe do río Lérez ou o paseo peonil dos Gafos foron outros dos asuntos abordados neste encontro. Ademais, o alcalde de Pontevedra demandou a Feijóo maior coordinación na xestión dos residuos urbanos, así como tamén a reapertura da delegación da CRTVG na cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí