Pontevedra> A Fundación Amigos de Galicia inicia unha nova campaña de recollida de tapóns para Nahir e Alex. O fin desta iniciativa é o de poder continuar co tratamento para estes dous rapaces de 5 e 7 anos que sofren parálise cerebral infantil. Para isto, necesitarán a axuda de toda a cidadanía para chegar aos 20 millóns de tapóns que se precisan na actualidade. 6490 euros, 20 millóns de tapóns iso é xustamente o que precisan dende a Fundación Amigos de Galicia para axudar a Nahir e Alex. Ambos teñen parálise cerebral infantil e as súas familias precisan da axuda de todos para poder costear este tratamento. Nahir, de 5 anos, non lograba poñer o seu corpo a catro patas, o tratamento permitiu unha mellora notable nesta pequena. Dende a Asociación Amigos de Galicia animan a todas as familias que estean nunha situación semellante a de Alex e Nahir que se poñan en contacto con eles para así poder axudalos o antes posible. Hai decenas de puntos de recollida na provincia, poder comprobalos na páxina de Fundación Amigos de Galicia. Agora o único que teñen que facer é colaborar e aportar o seu graíño de area, gardar o máximo posible de tapóns e entregalos en calquera dos puntos que colaboran coa campaña.
Inicio PONTEVEDRA