Vilanova e Calvillo únense para potenciar economía e cultura

    SALNÉS> Esta fin de semana comezou a misión comercial que a Mancomunidade do Salnés está a realizar por México. En concreto pola localidade de Aguascalientes. O obxectivo principal é captar fluxos comerciais e turísticos e amarrar nós na zona. Un dos primeiros actos oficiais que as autoridades locais lles brindaron á delegación arousana foi o irmanamento co municipio de Calvillo. Música, bailes e condecoracións. Así recibiron as autoridades de Calvillo, en México, á delegación da Mancomunidade do Salnés que esta fin de semana iniciou a súa misión comercial no país. Foi un acto de irmanamento no que o concello de Vilanova e o de Calvillo uniron nós co intercambio de condecoracións e unha amable benvida. Esta é a pedra de partida para o que pretenden sexa unha consolidación das relacións entre a comarca do Salnés e México. Relacións que lles permitan colaborar economicamente, mediante intercambios de fluxos empresarias, pero tamén no eido turístico e cultural. O acto de irmanamento simbolizouse coa sinatura dun convenio no que ambas rexións se comprometeron a lograr intercambios económicos, sociais, culturais e turísticos. A maiores, a localidade de Calvillo entregoulle ó alcalde de Vilanova unha placa co símbolo da cidade. Xesto ó que o concello arousán respondeu coa achega dun busto de Valle Inclán, lembrando ademais os vínculos do escritor vilanovés co Nobel de literatura latinoamericano Gabriel García Márquez. En vindeiros días sucederanse os actos, entre eles a participación na Feira Multisectorial de Aguascalientes á que asisten tamén unha quincena de empresarios arousáns. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/22/aguascalientes1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/22/MISON_MEXICO_210414.mp4 {/flowplayer}