A oposición ribeirense culpa o alcalde de usar o concello para fins partidista

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/23/oposicionribeirapartidosxudiciais230414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/23/oposicionribeirapartidosxudiciais230414.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> En clara alusión á comparecencia do outro día no salón de plenos do concello, no que estivo acompañado de varios rexedores de municipios veciños, en defensa do partido xudicial de Ribeira. Para os portavoces dos tres grupos da oposición en Ribeira: Andrés Fariña do PSOE, Xosé Antonio Vázquez Cobas do BNG e Rosa García Pose de IPdeR, trátase dun feito grave. As formas empregadas polo rexedor local, Manuel Ruíz, non foron as correctas, ó empregar a casa do concello de xeito partidista, como se fora a sede do seu partido, dando unha nova mostra do continuo desprezo que este equipo de goberno lle dá a oposición. Por esta razón deron lectura a un comunicado conxunto no que amosaron tamén a súa postura unánime e clara de rexeitamento respecto o anteproxecto de Lei que pretende aprobar o Goberno Central. É máis. Dende a oposición piden a convocatoria urxente dun pleno extraordinario para abordar este asunto, para eles de vital importancia para Ribeira e comarca. Os tres grupos póñense tamén a disposición tanto da avogacía como da xudicatura de Ribeira para levar adiante calquera acción que xurda encamiñada a manter a este concello coma sede de xulgados de instancia.