Portosín homenaxe ó regatista Iago Marra, bicampión de Europa na Clase 49er

PORTO DO SON> O Club Náutico de Portosín rendeulle unha homenaxe ó seu mellor regatista. Iago López Marra ven de proclamarse campión de Europa na clase fortyniner. Título que xa conquistara en 2016 xunto co seu compañeiro de equipo Diego Botín. Numerosos familiares, amigos e vecinos de Iago López quixeron sumarse á homenaxe brindada polo Náutico de Portosín ó xa bicampión de Europa, tras revalidar o título en Polonia o pasado sábado. Valores ós que sumar, sen dúbida, a xenerosidade da que fixo gala Iago ó entregar a súa medalla ó Club Náutico en sinal de agradecemento. O acto contou coa presenza da secretaria xeral para o Deporte quen fixo un repaso dos éxitos colleitados polo regatista nos últimos anos. Ós dous títulos europeos hai que engadir o gran papel do seu equipo nos Xogos Olímpicos. A próxima cita será no Campionato do Mundo que se celebra en agosto en Dinamarca. Alí España xógase o primeiro pase para conseguir unha praza olímpica.