Vicepresidencia asumirá a rexeneración do ‘Bosque do Neno’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/28/conveniovicepresidencialousame2801151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/28/conveniovicepresidencialousame280115.mp4{/flowplayer} LOUSAME> A actuación, cun investimento duns 33 mil euros, será posible grazas a un acordo de colaboración asinado pola Xunta co concello lousamiano. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse ó concello de Lousame, para asinar coa alcaldesa, Teresa Villaverde, un convenio de colaboración que posibilitará a rexeneración deportivo-ambiental da zona coñecida coma Bosque do Neno, onde se atopan o polideportivo municipal, a piscina, o colexio Cernadas de Castro e o campo de fútbol de herba artificial recentemente construído. A actuación conta cun orzamento duns 33 mil euros, dos que a Xunta aporta uns 25 mil. Alfonso Rueda destacou a importancia do convenio asinado, que a pesar de non ser dunha gran contía, permitirá a realización de obras moi necesarias para concellos pequenos, como é o caso de Lousame. Unha vez asinado o convenio, Alfonso Rueda, xunto a alcaldesa e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron tamén varias actuacións levadas a cabo polo Concello con cargo ás subvencións do Fondo de Compensación Ambiental, como é o caso das obras de saneamento en Vilar e o bombeo en Meixonfrío e O Castro, onde se investiron uns 24 mil euros. A rexedora aproveitou tamén a ocasión para solicitar a colaboración da Xunta para a realización de novas infraestruturas en San Xusto e Fontefría.