A Deputación da Coruña destina preto de dez millóns á conservación de estradas

    BARBANZA> A Deputación da Coruña publica no BOP o anuncio de contratación das obras correspondentes ao Plan de Conservación de Vías Provinciais para 2014 por 9,6 millóns de euros. ´ Trátase de 34 obras previstas en diferentes grupos de estradas da provincia que se pretenden adxudicar antes de que comece o verán co obxectivo de que estean rematadas a finais de outubro. A consecución destas datas é posible grazas á rapidez coa que este ano se elaborou o programa, que foi aprobado xa no pleno de xaneiro. Para o presidente da Deputación, este adianto supón una “proba de que estamos a mudar o xeito de traballar e de atender ás necesidades dos concellos e dos seus veciños”. O plan inclúe labores de conservación e mantemento en toda a rede provincial de estradas e reserva unha partida para proxectos futuros que poidan xurdir neste senso. Así, procederase tanto á limpeza de cunetas e roza de maleza como á mellora do firme, da sinalización e obras de drenaxe, así coma calquera outra para mellorar a seguridade das vías provinciais. Tras rematar as obras do plan de 2014 comezarase xa o de 2015 o próximo outono, co reto de manter os bos prazos de actuación deste exercicio.