Pontevedra exhíbese para acoller o Concurso Mundial do Viño

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/tecnicos_mundial_bruxelas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/tecnicos_mundial_bruxelas.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> Pontevedra podería ser a sé dunha próxima edición do Concurso Mundial do Viño. Cando menos, esa é a intención da Deputación. Dende hoxe, técnicos da Unión Europea están a visitar a zona para valorar as potencialidades da Denominación de Orixe Rías Baixas e do seu entorno.

    Unha das citas máis importantes do mundo vitivinícola podería escoller Pontevedra como sé para unha das súas vindeiras edición. Cada ano, o Concurso Mundial do Viño reúne a prestixiosos profesionais do sector, e na súa cata-competición participan ata 8 mil caldos de máis de corenta nacionalidades. 

    Durante a fin de semana, un grupo de técnicos da Unión Europea valorarán as potencialidades do entorno das Rías Baixas como sé da cita, e visitarán varias adegas da zona na compañía de representantes da Deputación e da Denominación de Orixe Rías Baixas. 

    Dende o 2006, Lisboa, Maastricht, Burdeos, Valencia, Palermo, Luxemburgo, Guimaraes e Bratislava xa actuaron como sé do Concurso, que este ano se celebra en Buxelas do 2 ao 4 de maio.