RIBEIRA> A Escola Náutico Pesqueira desenvolveu hoxe unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a oferta formativa do centro. Ademais dos ciclos de máquinas e ponte, a escola imparte cursos non regrados que van dende o de mariñeiro pescador ata patrón de pesca cunha ampla presenza de alumnos.
A través destas xornadas de portas abertas que promove a consellería do Mar nos seus centros formativos, como é o caso da Escola Náutica de Ribeira, o que se pretende non é máis que dar a coñecer o traballo que se realiza e difundir os cursos que se imparten para atraer a posibles futuros alumnos.
A xornada de portas aberta incluíu visitas guiadas polas instalacións, charlas informativas sobre a súa oferta formativa e sesións de demostración nos distintos simuladores onde os alumnos desenvolven as súas prácticas.