A Policía Nacional desarticula un novo punto de venda de droga

    25

    RIBEIRA> Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Ribeira informaron da desarticulación dun punto de venda de droga no centro da cidade, concretamente rúa General Espartero. O operativo deu coa detención dun home, que responde ás iniciais V. M .P. C., de 35 anos e natural e veciño da localidade. No momento do arresto os axentes lograron intervirlle un total de vinte bolsas de heroína con pequenas cantidades desta substancia para a súa distribución e venda, así como tamén certa cantidade de diñeiro en metálico. A detención por parte dos axentes da comisaría ribeirense produciuse no momento no que se realizaba a venda au n consumidor habitual. Fontes policiais sinalaron que ó detido xa lle constan detencións anteriores por feitos similares relacionados tamén co tráfico de estupefacientes.