Un milleiro de empresas solicitan participar no Plan Laboral da Deputación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/plan_laboral_250414.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/25/plan_laboral_250414.mp4{/flowplayer} 

 

PONTEVEDRA> Un milleiro de empresas queren acollerse ao novo Plan Laboral da Deputación. Segundo as previsións do organismo, entre 400 e 500 titulados poderán beneficiarse desta nova convocatoria, que lles permitirá adquirir experiencia e facerse un oco no mundo laboral.

987 empresas veñen de solicitar a súa participación no Plan de Práctica Laboral. Con este primeiro paso, a Deputación pecha a primeira fase desta segunda edición, que nace cos mesmos obxectivos que o plan que está actualmente en marcha.

En maio e xuño tocará analizar as propostas das empresas para, no mes de xullo, arrancar a selección dos bolseiros en función dos perfís solicitados. Na anterior edición, incluíronse 113 titulacións.

Cun orzamento de 4 millóns de euros, o plan cubrirá a contratación de entre 400 e 500 traballadores durante un ano, aínda que a Deputación non descarta incrementar as bolsas.

E é que a posibilidade de consolidación do posto de traballo será unha das cuestións que se teñan en conta á hora de priorizar as empresas que participarán do programa.