Boiro dá a coñecer o seu potencial náutico en Southampton

BOIRO> Por segundo ano consecutivo,o concello de Boiro participa xunto con Portos no Salón Náutico de Southampton . O obxectivo é seguir a promocionar as instalacións náutico recreativas do municipio. O potencial das instalacións náuticas de Boiro atrae cada vez máis visitantes a nivel internacional. Co obxectivo de explorar novos mercados e fidelizar clientes, o concello dá a coñecer a súa oferta náutica a través deste salón náutico. Precisamente, esas sinerxias favorecen que os visitantes que chegan á localidade atraídos pola ampla oferta náutica poidan disfrutar do amplo abano de actividades turísitcas que ofrece Boiro. Patrimonio, natureza, cultura e gastronomía converten ó municipio nun destino idóneo. Ademais a súa proximidade con Santiago supón un valor engadido como destino turístico. No marco de estratexia de promoción no mercado británico, un dos máis importantes no mundo da náutica, o alcalde de Boiro está a manter encontros con representantes de diversas institucións e clubs náuticos.