O executivo muradán deu inicio ás obras de saneamento na Rocha

MUROS> A actuación, con cargo ó POS da Deputación da Coruña do ano 2016, conta cun orzamento de presto dos 194 mil euros. A alcaldesa, María Xosé Alfonso, confía en que as obras de saneamento que actualmente se están a executar no lugar da Rocha, estean rematadas nos próximos meses, xa que os traballos marchan a bo ritmo. Segundo ela trátase dunha actuación que posibilitará dar servizo a un gran número de veciños que na actualidade carecen deste servizo, ademais de mellorar a calidade da auga na praia de Anido e en todo o entorno do banco marisqueiro da praia da Virxe. A actuación presupostada en preto dos 194 mil euros vai con cargo ó POS + da Deputación da Coruña do ano 2016 e virá a dar continuidade a outra obra similar levada a cabo na zona de Baño.