O C.R. Cabo de Cruz proclámase Campión de España de bateis

BOIRO> A localidade cántabra de Camargo acollía esta pasada fin de semana a 71 edición do Campionato de España de Bateis, na que houbo un claro protagonismo galego, ó conseguir cinco títulos de campións de España dos sete posibles. Por riba de todos hai que destacar a actuación de Cabo da Cruz, que volve a facer historia, ó conseguir por primeira vez, o primeiro posto na categoría absoluta masculina por diante de Kaiku e Zierbena. A embarcación de Chapela foi a gañadora na final absoluta feminina, mentres que Vilaxoán acadou a vitoria en promesas femininas. Cabo de Cruz conseguiría tamén dous meritorios segundos postos, en xuvenil feminino e en cadete masculino, mentres que Mecos conseguía o trunfo na categoría xuvenil masculina.