O noiés Xoel Roo gaña o Circuíto Galego de Xadrez de Promoción

A POBRA> O noiés Xoel Roo converteuse en gañador do Circuíto Galego de Promoción de Xadrez. A falta da última proba, que se celebrará este sábado en Vilagarcía, o deportista é matematicamente o campión na categoría Sub 12.

O Club Deportivo Marquiño de Xadrez pode presumir de contar nas súas filas con deportistas do máis alto nivel. Así o evidencia o número de títulos que están a colleitar os seus membros. Tralo terceiro posto no Mundial Sub 17 acadado por Iago Fernández, agora outro noiés vén de proclamarse gañador do Circuíto Galego Promoción Sub 12.

Aínda que, como di, este é o primeiro trofeo de ouro, Xoel Roo non é novo nestas lides. Conta no seu haber con numerosos premios tanto en torneos escolares como en competicións federadas. O pasado verán asinou un excelente resultado no o campionato de España sub12 sumando 6 puntos de 9 e acabando na vixésimo quinta posición do ránking nacional.

O 2025 foi sen dúbida o seu ano posto que proclamouse tamén campión escolar da provincia da Coruña Xogade, terceiro no campionato galego e sub-campión da decimo quinta Copa de España. O seu mellor resultado acadouno no Robin Chess de Cantabria onde se proclamou subcampión empatado co primeiro clasificado nunha proba con máis de 300 xogadores.

Estes resultados amosan a súa evolución meteórica posto que Xoel leva tan só 5 anos no mundo do xadrez no que comezou grazas a un regalo de Reis que acertaron de cheo na súa elección. Anima a aqueles pequenos que teñan interese no xadrez a iniciarse neste deporte do que destaca o compañeirismo e o bo ambiente.

Ademais do trunfo de Xoel, outros deportistas do Marquiño pecharán o circuíto con bos resultados. Os ribeirenses Pedro García e Raúl Gómez quedaron en cuarta e décimo terceira posición respectivamente.