A Xunta saca a licitación o proxecto de humanización da travesía AC-305 en Palmeira

RIBEIRA> A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou esta mañá a licitación do proxecto de mellora da AC-305 ó seu paso pola localidade ribeirense de Palmeira. O proxecto, cun investimento por parte da Xunta de ó redor de 2’2 millóns de euros, permitirá a humanización desta travesía. A reforma enmárcase no convenio entre a Xunta e a Fundación RIA, que prevé actuar para humanizar un total de cinco ámbitos urbanos desta estrada ó longo da comarca do Barbanza.

acompañada do alcalde, Manuel Ruíz, e o presidente da Fundación RIA, o arquitecto británico David Chipperfield, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe da licitación da redacción do proxecto construtivo desta actuación  destinada a gañar espazo para as persoas e mudar a imaxe da estrada AC-305 na travesía de Palmeira.

O alcalde, agradeceu o investimento por parte da Xunta, destacando o carácter pioneiro desta actuación que servirá para deseñar novas intervencións noutros ámbitos urbanos desta estrada ó longo da comarca do Barbanza para lograr unha convivencia máis harmónica entre vehículos e peón, froito do convenio asinado no seu día pola Xunta e Fundación RIA, cun investimento de máis de 200 mil euros.

As empresas interesadas en facerse coa redacción do proxecto construtivo e a dirección das obras xa poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. O prezo de licitación é duns 262 mil euros, e teñen de prazo ata o 4 de maio para presentar as súas ofertas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí