A Deputación da Coruña promove o II Circuíto de Carreiras Populares

    BARBANZA> O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou a segunda edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares que este ano chegará a 18 probas, fronte á decena do pasado ano. Comezarán este domingo 4 de maio en O Pino e rematarán o 9 de novembro en Negreira. Nesta segunda edición a Deputación investirá 25.950 euros para a organización das distintas carreiras (18.000 euros) e para os premios dos gañadores (7.950 euros), que sairán dos resultados que os corredores obteñan nas distintas competicións. Haberá unha puntuación individual e outra por clubs, que se dividirá en categorías de idade. O presidente da Deputación recordou que o ano pasado tomaron parte no circuíto máis de 10.000 persoas e este ano espera incrementar a participación grazas ao aumento de probas. Todas as carreiras incluídas no circuíto forman parte do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo. Nas probas poderán participar nenos desde 8 anos ata veteranos maiores de 60.Para poder entrar na clasificación do Circuíto Provincial é necesario tomar parte en a lo menos 8 das 18 carreiras incluídas no percorrido.