Os cativos de Ribeira coñecen as vantaxes de consumir peixe e marisco

RIBEIRA> A campaña ‘Ti si que es un bo peixe’ da Xunta de Galicia recalou esta mañá nos campamentos de conciliación de Ribeira. Os cativos coñeceron os beneficios dunha dieta baseada nos produtos do mar.

Unha científica e unha peixeira foron as encargadas de introducir ós cativos de Ribeira no apaixoante mundo do mar. A través da campaña ‘Ti si que es un bo peixe’, da Xunta de Galicia os nenos que asisten ós campamentos de conciliación aprenderon as vantaxes de consumir peixe, marisco e os seus derivados. Na actividade participou tamén a concelleira de Cultura de Ribeira quen agradecer á Xunta que, unha vez máis, inclúa a Ribeira nestas actividades divulgativas e de fomento dunha boa alimentación.

Ó remate os cativos recibiron un agasallo que os acredita como ‘bos peixes’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí